Tipos de páxinas:
Páxinas descritivas:
Imaxe e texto.
Lim
mostra unha páxina composta por un texto e unha imaxe. A situación distintos elementos é
configurable, así como as cores e o
comportamento. Admite texto con formato HTML.
Menú.
Aparece
un menú á esquerda con ata seis botóns ( cores configurables ), segundo
pulsemos nos botóns mostrarase un texto
distinto.
Ligazón.
Páxina de menú, pero neste caso os botóns redirigen a outras páxinas.
Galería de imaxes.
Mostra unha galería con ata seis imaxes, que ao premer nelas amplíanse.
Galería de sons.
Semellante á anterior pero con sons.
Panel.
Páxina para componer libremente a partires das imaxes seleccionadas. Só hai que arrastrar as imaxes ao escenario.Tamén permite escribir e rotar as imaxes.
Páxinas interactivas:
Crebacabezas.
Resolver un rompecabezas coa posibilidade de ver a imaxe con distintos
niveis de transparencia. As pezas arrástranse co ratón e axustan
automáticamente.
Sopa de letras.
Para buscar palabras mesturadas entre un cadro de letras de 10 por 10.
Poden aparecer a descrición das palabras a buscar, directamente as palabras, ou imaxes. Debemos premer
sobre a primeira
letra da palabra e mover o ratón ata a última.
Parellas.
O coñecido xogo de buscar parellas destapando as imaxes. Actividade con tempo
axustable.
Preguntas.
Ata tres preguntas para que o usuario introduza as respostas.
Resposta múltiple.
Unha pregunta e ata catro respostas posibles. Hai que premer co
ratón na resposta correcta.
Frases.
Exercicios con frases, para escribir, escoitar, traducir, etc.
Identificar imaxes / Identificar sons.
Ata seis imaxes/sons co obxectivo de identificalos, aínda que admite máis variantes.
Arrastrar textos/arrastrar imaxes.
Mover co ratón as pezas ata encaixalas correctamente.
Clasificar textos/ clasificar imaxes.
Levar as pezas ata o grupo que corresponda. Só permite clasificar en dous grupos.
Raios X.
Mostra dúas imaxes superpuesta, a inferior só é visible no
espazo definido por un círculo. Podemos arrastrar o círculo sobre a
imaxe. Os resultados poden ser sorprendentes. Esta páxina pode ser descriptiva se non definimos unha resposta.
Etiquetas.
Mover as etiquetas ata o lugar correcto. Esta páxina
admite moitas variantes: soamente descriptiva, con sons , escribir
nas etiquetas, arrastrar, etc.
Mover imaxes.
Arrastrar ata seis imaxes.Permite encaixar figuras, completar imaxes, establecer
secuencias, etc.
Completar.
Encher ocos mediante a escritura da resposta ou movendo cadros de texto..
Palabra segreda.
Descubrir a palabra oculta pulsando sobre as letras, ata seis posibilidades de erro. Admite imaxes.
Actividade externa.
Esta páxina permite incluír actividades alleas a lim.
Operacións.
Páxina para crear operacións matemáticas: sumas,restas,multiplicacións e divisións.
Escoller.
Seleccionar entre varias imaxes/textos.
Reloxo.
Páxina para crear actividades sobre o manexo do reloxo.
Ligazóns 2.
Para crear índices ou sistemas de navegación.
Textos.
Páxina para traballar con textos, podéndose seleccionar palabras, ordear frases, arrastrar fragmentos, etc.
Etiquetas 2.
Situar textos sobre unha imaxe.
EDUCALIM 2006