Preguntas frecuentes EdiLIM
Non podo abrir un arquivo-libro
Isto
pode ocorrer porque o libro non ten o formato correcto. Lembre
que os libros son arquivos XML, e como tales deben cumprir unhas
normas de formato. Intente corrixilo cun editor de textos tipo Bloc de Notas de windows
.
Abro un libro, pero non aparecen as imaxes.
O
máis probable é que o almacén de recursos non exista. Os elementos multimedia están ligados a un
directorio, se edilim non atopa ese directorio non pode mostrar as imaxes. Intente localizar o
directorio de recursos.
Non aparecen elementos no almacén de recursos
Comprobe que o directorio que especifica na páxina de configuración
(botón "propiedades" ) contén arquivos de imaxe, son ,
animación (.swf) ou textos (".txt"). Se a casilla de directorio
de recursos aparece en branco, seleccione un directorio.
Non podo escribir nun cadro de texto.
Repase a axuda de edilim e comprobará o significado das cores
dos campos de texto. Só podemos escribir nas casillas brancas .
Exporto o libro, pero non funciona.
Asegúrese de que o nome do directorio destino é correcto, e
ten permisos de escritura. Algúns navegadores de internet poden limitar a
ejecución de elementos flash, comprobe que este non é o seu caso.
Arrastro unha imaxe, pero non aparece completa.
Isto
ocorre co fin de evitar que lim teña que redimensionar as
imaxes e vostede utilice imaxes máis grandes do necesario. O
mellor que debe facer é modificar a imaxe co editor de imaxes de edilim ou un externo.
Non vexo as animacións.
Edilim
non pode mostrar animacións, éstas represéntaas cunha icona.
Vostede pode mover a icona pola fiestra como calquera imaxe.
No meu ordenador o libro funciona ben, pero non consigo ver as actividades en internet..
Cando
publique un libro en internet debe "subir" todos os arquivos creados
por edilim: libro ( ".lim", pero pode ter calquera
extensión) , páxina web (".html"), player ("lim.swf") e o
directorio de recursos. Se ten dúbidas cree un arquivo zip e logo
suba todo o seu contido a internet ( precisa descomprimilo antes ).
É posible dar formatos aos textos na actividade de imaxe "
e texto" ?.
Si,
aínda que edilim non dispón de editor de textos podemos empregar os
comandos HTML. Por exemplo "<b>" escribe un texto en negrita, "<font
size=20 face="arial">" especifica que o texto
terá un tamaño de 20 e o tipo de letra será arial. Esta posibilidade
está dispoñible nas actividades "imaxe e texto", "menú" e
"ligazón ". Repase a utilización das etiquetas HTML. Debe
activar a casilla "HTML" cando cree as páxinas.
Como podo indicarlle a lim o nome que ten o libro?.
Na
páxina web escriba na sección de parámetros simplemente
"<param name="FlashVars" value="libro=nombredellibro"/>" (
onde "nombredellibro" é o nome que terá o libro).Por defecto
lim
busca o arquivo "libro.lim". A páxina web que crea edilim
contén todos os parámetros necesarios para reproducir o libro
correctamente, pero é moi sinxela. Tal vez necesite elaborar unha
páxina máis complexa para adaptala ás súas necesidades.
Edilim é gratuito?
Si, pode utilizalo libremente, sen limitación algunha, para calquera
tipo de uso: persoal, comercial, educativo, etc. Non está permitido
modificar o código fonte sen autorización expresa do autor.
EDUCALIM 2006