Saltar a contidos.
Galego    Castellano-Español
L i m      Libros Interactivos Multimedia

Crear páxinas.

Tipos de páxinas:
   
Texto.  

Para elaborar actividades con textos.

1.- Escriba o texto. As palabras seleccionadas deben comezar con "*" . Por exemplo: " A capital de Francia é *París".
2.- Cores de fondo e letra.
3.- Modo de funcionamento: seleccionar palabras, escribir ou arrastrar.

   
Etiquetas 2.  

Permite situar textos sobre unha imaxe.

1.- Arrastre aquí a imaxe.
2.- Etiquetas. Escriba os textos de cada etiqueta.
3.- Variantes: amosar información,escribir ou arrastrar os textos.

   
Medidas.  

Pemite contar obxectos, cada un deles pode ter un valor diferente.
1.- Imaxe de fondo. (Opcional)
2.- Texto explicativo.
3.- Cantidade total que debe sumar o usuario/a.
4.- Imaxe do obxecto.
5.- Texto descritivo do obxecto.
6.- Valor do obxecto ( numérico).
Con este tipo de páxina se poden elaborar actividades de peso, contar diñeiro, etc.

Series.  
Para elaborar series con ata catro obxectos.
1.- Imaxe do obxecto.
2.- Active para que LIM xenere series aleatorias.

En LIM , o usuario, debe arrastrar os obxectos ata completar a serie.
   
Operacións 2.  

Para xerar operacións matemáticas aleatorias.

1.- Escriba as cifras que terá o número.

2.- Seleccione a forma de interacción co usuario: arrastrar números ou escribir a solución.

3.- Escolla o tipo de operación: suma, resta, multiplicación, división, suma levando, resta levando ou división exacta.

   
Ordear  

Permite construir palabras a partires das letras ou ordear frases.

1.- Imaxe complementaria.

2.- Tipo de interacción: arrastrar a etiqueta ou escribir.

3.- Texto, aquí pode escribir unha palabra ou unha frase . Se escribe varias separadas por comas, LIM escolle unha de xeito aleatorio.

   
Ordear imaxes  

Para ordear series de imaxes.

Serve para crear series, traballar nocións temporais etc.

1.- Imaxes ( ata 6 ).

   
Pirámide.  

Tipo de páxina na que o usuario deberá escribir palabras segundo a información que se lle ofrece.

1.- Palabras.

2.- Texto informativo.

Pódese utilizar a modo de crucigrama.

   
Cadros.  

Este tipo de páxina serve para traballar conceptos espaciais.

1.- Grella para o deseño do debuxo. Prema co rato para marcar/desmarcar un cadro.

2.- Opcións para o usuario:
Repetir: reproducir o mesmo debuxo.
Invertir: debuxar marcando os ocos.
Simetría: facer o mesmo debuxo pero con simetría.
Desplazar: reconstruir o debuxo pero cun desplazamento de un cadro á dereita.
3.- Se activa esta opción, LIM crea un debuxo aleatorio.

   

EDUCALIM 2006