Saltar a contidos.
| Castellano-Español | Català | Português | English | Français | Deutsch | Italiano |
L i m      Libros Interactivos Multimedia

Crear páxinas.

Cando executa EdiLIM só están dispoñibles os botóns de abrir ou crear novo libro.

Se abre un libro, poderá ver as páxinas premendo no botón "páxinas", utilice as iconas de navegación para avanzar ou retroceder.


Configuración do libro.

1.- Declaración do directorio de recursos. Onde están os arquivos multimedia que se utilizarán para crear o libro.
2.- Nome do libro.
3.- Imaxes de logo e fondo. Arrastre imaxes desde o almacén sobre os marcos de imaxe. Se activa a casilla "máscara" os botóns de lim desaparecen e só se mantén o área activa destes.
4.- Escoller os botóns que aparecerán en lim ( ou áreas activas se activó "máscara").
5.- Selección de cores: fondo, banda superior, barra de navegación e texto).
6.- Textos que aparecen na cabecera do libro. Os nome de autor e identificación ( para escribir calquera cousa) non se amosan.
Letras: para definir os caracteres que aparecerán nas páxinas "sopa de letras" e "palabra segreda". Importante se desexa utilizar vírgulas.
Tag: palabras clave para catalogar o libro-LIM.
7.- Avaliación: textos para indicar o resultado dun exercicio. Pode arrastrar o son desde o arquivo de recursos.
8.- Almacén de recursos.
9.- Imaxe da barra de navegación. Vostede pode deseñar unha barra ao seu gusto.
10.- Elementos do menú desplegable.

Skins: Son elementos para personalizar os botóns de funcións de LIM , con diferentes aspectos, pero tamén con novas funcións.
Arrastre arquivos de skin ( en formato swf ) desde o almacén de recursos.
Tamén pode seleccionar un dos temas que inclúe LIM por defecto.
   

Almacén de recursos.

Se declarou correctamente un directorio de recursos, no almacén aparecen os arquivos que contén ese directorio..

Os elementos multimedia que utilizaremos deben estar no almacén de recursos. Estes aparecen catalogados en catro grupos: imaxes (jpg,png e gif ), sons (mp3), animaciones ( swf) e textos ( html e txt ). Premendo no botón correspondente edilim amosa os arquivos de cada categoría. Arrastre os arquivos ata os marcos de imaxe ou casas de texto/imaxe/animación.

Os iconos da parte superior permiten ( por orde ): editar imaxes, traer un arquivo ata o almacén, refrescar o almacén ou borrar un arquivo.

Só é posible utilizar arquivos do almacén.

Editor de imaxes.

1.- Imaxe orixinal.
2.- Imaxe modificada.
3.- Barra para dimensionar.
4.- Invertir, cambiar cores.
5.- Aplicar efecto ou borrar.

 

 
Barra de Navegación.

1.- Gardar o libro.
2.- Crear nova páxina.
3.- Avanzar ou retroceder polas páxinas.
4.- Borrar páxina.
5.- Número de páxina.

Para mostrar as páxinas prema no botón "páxinas" do menú superior.

Tipos de páxinas.

Seleccione o tipo de páxina que desexa crear premendo no botón correspondente.

O significado das cores dos cadros de texto.
1.- Escribir texto.Só pode escribir texto nos cadros desta cor.
2.- Destino para arrastrar. Debe arrastrar elementos desde o almacén de recursos.
3.- Mostra información. Non son editables.
   
Exportar.  

1.- Defina un directorio para exportar o libro.
2.- Nome dun directorio para gardar os elementos multimedia.
3.- Nome do libro.
4.- Active se desexa crear unha páxina HTML.
Pode escoller unha plantilla HTML. EdiLIM substitue as variable "[[titulo]]" e "[[nome]]" polo título e nome do libro respectivamente.
5.-Active para empaquetar en formato ZIP.
6.- Formulario para engadir adquivos como adxuntos, por exemplo pdf, swf, páxinas web , etc.
7.- Botón publicar. Para finalizar a exportación.


8.- Vista previa. Prema para ver o resultado final no seu navegador web.

Diferenzas entre gardar e exportar:

Gardar: grava o arquivo-libro en formato local.
Exportar: prepara o libro para publicar en internet.

Pode abrir un libro gardado en calquera formato, pero só pode mostrar en internet un libro exportado.

 

 
 

EDUCALIM 2006-2009 Información legal